En Tres Viñas fomos dándolle forma a un xardín de camelias en Portas que podes visitar cando queiras, sempre con reserva previa.
Nel atoparás unha ampla mostra das variedades de camelias que se poden ver en Galicia, reunidas nun mesmo percorrido. O xardín comparte contorna co viñedo, polo que durante a visita podes achegarte tamén á zona de vide e ver como se parrea. Adaptamos o ritmo e o contido a quen nos acompaña. Goza dun paseo pausado, pensado máis para apreciar cada detalle.