En Tres Viñas abrimos o noso viñedo visitable en Portas a quen queira achegarse á viña desde dentro, non só como espectador.
Cada estación ten as súas propias labores e cada visitante decide ata onde implicarse. Se te preguntaches que se pode facer nun viñedo, ademais da vendima, aquí descubriralo: hai actividade practicamente todo o ano. Ademais, o que ves durante a túa visita ten continuidade: as uvas que cultivamos son a materia prima coa que a Cooperativa Condes de Albarei elabora os seus viños. Pazo Baión, como extensión de Condes de Albarei, é parte do proxecto enoturístico no que participamos e que te animamos a visitar nas Rías Baixas.