Galego

Selecciona o teu idioma

Turismo de experiencias nas Rías Baixas con selo propio

Aloxamento en Portas

O punto de partida ideal para percorrer as Rías Baixas.

Xardín de camelias

Contamos con máis de 120 variedades.

Viñedo participativo

Dúas hectáreas abertas todo o ano con actividades de viña.

Horta e cultivo ecolóxico

Aprendizaxe práctica e opción de aluguer anual en Vilanova.

Tres Viñas, o teu aloxamento rural en Portas

Somos Tres Viñas, un proxecto de turismo experiencial que combina aloxamento, viñedo, xardín botánico e cultivo ecolóxico.

Pensamos cada visita como unha escapada rural con actividades nas Rías Baixas para facer en familia ou con amigos, sen présas e con liberdade para elixir que ver. Conectamos as distintas localizacións para que goces dun percorrido completamente integrado, dende o aloxamento ata a viña ou o xardín de camelias. O trato é directo e cercano, sen circuítos pechados nin horarios ríxidos. Aquí cada estadía adáptase ao ritmo do visitante.

Ven vivir unha experiencia única.
Aloxamento rural en Portas

Vive o ciclo completo da uva no noso viñedo visitable en Portas

A viña é a columna vertebral do proxecto e o mellor punto para entender como funciona o territorio. Por iso a visita non se limita a mirar.

Traballamos dúas hectáreas con labores que cambian cada estación: plantación e arrincada de cepas, poda de inverno, atado, poda en verde e vendima. Así resolvemos sobre o terreo que actividades ofrece un viñedo en Galicia durante todo o ano, unha dúbida habitual cando se pensa na vendima. Ti escolles canto te implicas, dende observar como traballamos ata participar unha xornada enteira.

O que ves durante a túa visita ten continuidade: as uvas que cultivamos son a materia prima coa que a Cooperativa Condes de Albarei elabora os seus viños. Pazo Baión, como extensión de Condes de Albarei, é parte do proxecto ennoturistico no que participamos e que te animamos a visitar nas Rías Baixas.

Unha visita ao viñedo que se vive, non se conta.

Puntos de interese que terás preto de Portas

Praia da Lanzada nas Rías Baixas

Praia da Lanzada

Un dos areais máis longos das Rías Baixas, conta con case tres quilómetros de area aberta ao Atlántico e é ideal para un baño ou un paseo ao rematar a visita pola viña.

Parque Natural do Carreirón na Illa de Arousa

Parque Natural do Carreirón

Na punta sur da Illa de Arousa, este espazo protexido reúne praias de augas tranquilas, sendeiro litoral e unha lagoa onde invernan garzas, garcetas e outras aves.

Casco histórico da cidade de Pontevedra

Cidade de Pontevedra

Está a menos de media hora en coche e o seu casco histórico está entre os mellor conservados de Galicia. É ideal para ir de tapas e coñecer o corazón urbano das Rías Baixas.

Catedral de Santiago de Compostela

Alóxate aquí durante o Xacobeo 2027!

A cidade do Apóstolo está a menos dunha hora desde o noso aloxamento en Portas, o que che permite coñecer a Catedral e o casco histórico e volver durmir entre viñas o mesmo día. É a excursión cultural que mellor completa uns días de turismo nas Rías Baixas.

O próximo Ano Santo Compostelán será en 2027. É un momento especial para facer o Camiño ou visitar a cidade, e desde Tres Viñas podes vivilo sen renunciar á calma do rural. Reserva con antelación, porque son datas de moita demanda!

Que necesitas saber antes de visitarnos

Contámosche como funcionan as visitas e que podes esperar de cada espazo antes de organizar a túa escapada ás Rías Baixas.

Turismo de experiencias nas Rías Baixas Turismo de experiencias nas Rías Baixas
Contactar con Tres Viñas

Reserva hoxe mesmo a túa visita a Tres Viñas

Reunimos nun só lugar aloxamento, viñedo, xardín botánico e horta nun mesmo plan. Escríbenos e contámosche como organizar a túa visita segundo as túas preferencias.

Contacta connosco!

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Non obstante, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea nin os da Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.